31/8/10

Ser pais, un modelo a seguir

A imitación é un dos motores esenciais do aprendizaxe do ser humano, que sempre é consecuencia dalgún tipo de imitación. É imitable todo comportamento observado polo neno (tanto malo como bo), por iso o neno pequeno imita sistematicamente aos seus pais: teñen aparente prestixio e omnipotencia.
Estes dous videos ilustran dalgún xeito esta forma tan primitiva como importante de aprendizaxe. Moitas veces digo que deberiamos obter un carné de pais que nos faculte para ter fillos...




O video que reproducimos a continuación forma parte da película "I mostri" (Monstruos de hoxe), de Age e Scarpelli, Ettore Scola e Ruggero Maccari. Está articulada en vinte breves episodios que retratan a fealdade da Italia do boom económico. Neste episodio que reproducimos "L'educazione sentimentale", un pai educa ao seu fillo a ser deshonesto, pero o final adoita ser triste e, nalgúns casos... tráxico. É máis habitual do desexable que moitos pais queiran que os seus fillos sexan "espabilados" nunha sociedade competitiva, que sexan "pillos", travesos, e non dubidan en poñerse eles mesmos como exemplo.




No hay comentarios: