23/11/09

Borrador do decreto de atención á diversidade e responsable das ACS

En Decembro de 2007, a comunidade de Andalucía publicóu a sua Lei de Educación (17/2007). As adaptacións curriculares estaban reguladas por unha orde de 13 de Xullo de 1994. O 25 de Xullo de 2008, desenvolvendo este aspecto e regulando a atención á diversidade se publica unha nova orde que trae novidades que poden marcar unha tendencia en lexislacións de outras comunidades autónomas, entre elas, a nosa, que próximamente ten a difícil papeleta de lexislar nesta materia. De feito xa existe un borrador onde desafortunadamente non parece que as novidades máis salientables sexan do noso agrado:
1.- O tema dos centros preferentes de escolarización (segregación encuberta por motivos económicos).
2.- Os PT e AL traballando en 3º e 4º da ESO.
3.- A educación obrigatoria nos centros de educación especial, que parece non ter límite de idade.
4.- Non se esperan adaptacións curriculares para o bacharelato (claro, bastante teñen si pasan de 4º cunha ACI, habería que poñerlles unha medalla a todos, profesores e alumnos).

Como vemos, as cousas "diferentes" que aporta este borrador non parecen ser moi beneficiosas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

E agora, esta lexislación andaluza. Si, esta lexislación andaluza que esperemos que non sexa precursora, xa que lexisla que o responsable da elaboración das ACI será o profesorado especialista en Educación Especial. Si, como ledes.

En Andalucía, a normativa do 13 de xullo de 1994 ditaba que era o profesor titor ou titora, co resto de profesores que interviñan co alumno, o que deseñaba a adaptación curricular individualizada, asesorado polos profesores especialistas do centro e o equipo de orientación educativa da zona correspondente. Na orde recén publicada o profesorado especialista en educación especial, co apoio do profesorado especialista encargado da materia e o EOE, é o responsable da súa elaboración. Isto non é novo, xa que na práctica é o que xa viña acontecendo en moitísimos casos. O preocupante do caso é que agora corremos o risco de volver a tempos pasados onde os alumnos con NEAE eran responsabilidade do mestre de Educación Especial o os titores se desvinculaban destes alumnos. Todos os esforzos feitos pola inclusión barridos dun plumazo.

Pero non todo ían ser malas novas. Este decreto andaluz lexisla tamén algo que, xuntamente coas ACS e a diversificación curricular constitúen unha modalidade importante de atención á diversidade: o reforzo educativo.

Lexíslanse os programas de reforzo educativo para as áreas instrumentais básicas:  lingua castelá e literatura, primeira lingua estranxeira e matemáticas.
Aínda que é verdade que o reforzo educativo era unha actividade que sempre se desenvolvera nos centros docentes para aquel alumnado que presentaba, en calquera momento do ciclo, dificultades nas áreas básicas, o feito de que a orde regule aspectos como:

. Os alumnos e alumnas aos que van dirixido estes programas.
. A elaboración de programas de reforzo e os elementos que debe incluír.
. O profesorado que debe facerse cargo do seu deseño e desenvolvemento.
. A demanda aos titores e titoras legais do alumnado para que subscriban
os compromisos educativos necesarios para mellorar o rendemento dos
seus fillos.

Todo isto fai que estes programas de reforzo teñan unha base organizativa e legal máis sólida e que o seu deseño e desenvolvemento non quede ao arbitrio e boa vontade de cada docente.

No hay comentarios: