25/5/12

Pequenos tiranos

Escaseza de normas e/ou ausencia de límites cos nenos poden levar a agresividade, manipulación, falta de responsabilidade, escaso autocontrol, egoísmo, pouca tolerancia á frustración. Estas son algunhas das condutas que exhiben cada vez máis os nenos e os adolescentes na sociedade actual. No vídeo que presentamos a continuación recóllense as opinións de Alicia Banderas en torno a este tema. Psicóloga española, Alicia Banderas é coñecida pola súa colaboración no programa educativo en TVE chamado Escola de pais...en apuros. Licenciada pola Universidade Autónoma de Madrid, Banderas é unha cualificada profesional con anos de experiencia na psicoloxía clínica. Pequenos tiranos, o seu primeiro libro, recolle o seu traballo no programa de televisión e achega estratexias e consellos para a educación dos máis pequenos. Consideramos que nestes minutos de vídeo se achegan consellos de indubidable valor para todos os pais.

No hay comentarios: