Entradas

Mostrando entradas de junio 7, 2009

¿A onde imos?

Houbo un tempo en que, iluso de min, pensaba que os alumnos irían aos centros cos seus portátiles baixo o brazo sen esas monstruosas mochilas sobre as súas costas. A mediados dos oitenta, curioso por coñecer esas máquinas que tanto me atraían comecei a fedellar cos ZX Spectrum, logo un Amstrad CPC gobernado por un "moderno" CP/M, co que aprendín a programar o meu primeiro Basic. Máis tarde, aquel Schneider Europc sen disco duro onde afondei nas bases de datos con Dbase II. Cando o grande OS/2 de IBM comezaba a competir contra o "traidor" Bill Gates e o seu ridículo Windows 1.0 empecei a enxergar o que se nos viña enriba, que non era outra cousa que o poder da mercadotecnia sobre a calidade, e así ata hoxe... A informática e as comunicacións acabaron por formar parte da nosa vida cotiá, menos na escola... Todos sabemos que a escola é lenta e pesada. A principios dos 90 instalei un BBS (Bolletin Board System) con multitude de ficheiros educativos pensando que alguén p...