Cooliris
Cooliris é un complemento para o navegador Firefox que nos permite amosar contidos multimedia dun xeito diferente a como o vimos facendo ata agora. Si no seu momento Google Earth foi unha ferramente de indubidable interese educativo, creo que Cooliris pódenos ser de moita utilidade. Imitando conceptos visuais introducidos por Apple nos seus produtos, interactuamos dun xeito sinxelo, práctico e moi visual con diferentes proveedores gratuitos de contidos multimedia. Podemos procurar contidos en diversos sitios: Google Imágenes, YouTube, Flickr, Picasa... a acercando o punteiro ó pé de foto (onde está a ligazón), a amosa coa toda a súa definición. Tanto no caso das fotos como dos videos paréceme interesante o feito de non ter que estar pasando de páxina en páxina á vez que temos maior rapidez para acceder ao material. Paréceme moi interesante, xa que educativamente creo que podemos sacarlle moito partido. Dende eiquí podedes descargar Cooliris: Cooliris Por si ainda non tedes instalad...