¿Qué ensinamos?
En Galicia, non hai establecida na lexislación indicación algunha acerca das asignaturas ou materias mínimas para promocionar. Con respecto ao paso á secundaria obrigatoria, na Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, indica que: O alumnado promocionará á etapa de educación secundaria obrigatoria se alcanzou o desenvolvemento correspondente das competencias básicas , os obxectivos da educación primaria e un adecuado grao de madurez . Accederase igualmente cando as aprendizaxes non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente a nova etapa . Neste caso, a persoa titora, no informe persoal, precisará as dificultades presentadas e os obxectivos da etapa non logrados, así como as medidas adoptadas ata ese momento a fin de que o centro receptor poida establecer as medidas necesarias de reforzo. Póñovos os obxectivos da etapa de educación...