Borrador do decreto de atención á diversidade e responsable das ACS
En Decembro de 2007, a comunidade de Andalucía publicóu a sua Lei de Educación (17/2007). As adaptacións curriculares estaban reguladas por unha orde de 13 de Xullo de 1994. O 25 de Xullo de 2008, desenvolvendo este aspecto e regulando a atención á diversidade se publica unha nova orde que trae novidades que poden marcar unha tendencia en lexislacións de outras comunidades autónomas, entre elas, a nosa, que próximamente ten a difícil papeleta de lexislar nesta materia. De feito xa existe un borrador onde desafortunadamente non parece que as novidades máis salientables sexan do noso agrado: 1.- O tema dos centros preferentes de escolarización (segregación encuberta por motivos económicos). 2.- Os PT e AL traballando en 3º e 4º da ESO. 3.- A educación obrigatoria nos centros de educación especial, que parece non ter límite de idade. 4.- Non se esperan adaptacións curriculares para o bacharelato (claro, bastante teñen si pasan de 4º cunha ACI, habería que poñerlles unha medalla a todo...